Este blogue nace , nun día de Setembro do 2011, co obxectivo de que estes meniños teñan unha xanela por onde mostrar a súa escola...e así, curso tras curso, poderemos botar unha ollada a estes homiños e mulleres do futuro...
Os meniños na xanela.

lunes, 30 de marzo de 2015
Mércores 25 de Marzo.Merenda saúdable: A Mandarina.
No blogue Merendas Saudables podedes ver máis fotos.
martes, 17 de marzo de 2015
Partimos dun libro que falaba do león de Correos,escribimos postais ás mamás, mercamos os selos, saímos ata o buzón e a esperar...e chegou Manolo, xefe de reparto de Correos, que ca mesma ilusión ca nos, dispúxose a vir ao Colexio a entregar todas as cartas que ían chegando para os rapaces...porque as nais están contestando, cunhas cartas igual de fermosas e emocionantes cas dos seus fillos. Hoxe tamén tocoume a mín, é unha carta misteriosa que chegou dende Ferrol, a miña terra,polo visto hai por alí uns rapaces que se lembran de mín...Grazas a tódalas nais e pais e a Manolo por compartir con nós momentos de ilusión e de moita emoción.Luisa.
Unha fermosa pandeireta.
Nelly trouxo a clase a súa pandeireta e cantou varias cancións.Grazas Nelly, cando sexas famosa queremos todos/as que nos invites aos teus concertos.
domingo, 15 de marzo de 2015
Cumple de Paula.2015-02-27 Parabens!
Pido desculpas a Paula porque aínda que estaba lista a entrada no Blogue non saiu publicada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)