Hai máis enlaces, arriba, na páxina de Matemáticas 2º
Este blogue nace , nun día de Setembro do 2011, co obxectivo de que estes meniños teñan unha xanela por onde mostrar a súa escola...e así, curso tras curso, poderemos botar unha ollada a estes homiños e mulleres do futuro...
Os meniños na xanela.

jueves, 28 de mayo de 2015
jueves, 21 de mayo de 2015
2015-05-20 Chegaron os cágados.
Moitas grazas ao pai de Marta por traernos os cágados e tamén ao tío de Sophia por regalarnos a comida.Agora temos que coidalos moito e cando se convirtan en ras devolvelas a súa charca.
jueves, 14 de mayo de 2015
17 de Maio. Día das Letras Galegas.
O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.
2015-05-06 Saída a Correos.O noso agradecemento a Manolo.
O día 6 de Maio os nenos do 1ºCiclo visitamos Correos. Primeiro mercamos os selos, así aprendimos que cada un custa 42 céntimos de euro.Logo camiñamos ata o buzón, e alí Manolo abriuno e puidemos ver coma era por dentro.A continuación paseamos ata a Oficina de Reparto, onde entendimos coma se distribuían as cartas nos seus casilleiros, por rúas...cos seus números e todo.O carro do carteiro ía cheo de "atados" que son as cartas dunha rúa suxeitas todas cunha goma.A moto gustounos moito e as chuches as que nos invitaron tamén.Por último, regaláronnos un comic sobre Correos que limos e comentamos á volta, xa na clase.Pasamos unha mañá estupenda, os de 2ºenviando as nosas postais aos pais e os de 1º repasando o rueiro de Sada, ese que tan ben coñecen polo proxecto que están a traballar
"Camiñando pola rúa".Dende aquí dar as gracias a Manolo pola súa paciencia, amabilidade e cariño que mostrou hacia os nosos rapaces.Saúdos de Lydia e Luisa.
Fotografía: Lydia.
viernes, 8 de mayo de 2015
jueves, 7 de mayo de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)