PÁGINAS.

jueves, 28 de mayo de 2015

Simetría 1

Hai máis enlaces, arriba,  na páxina de Matemáticas 2º


jueves, 21 de mayo de 2015

2015-05-20 Chegaron os cágados.

Moitas grazas ao pai de Marta por traernos os cágados e tamén ao tío de Sophia por regalarnos a comida.Agora temos que coidalos moito e cando se convirtan en ras devolvelas a súa charca.

17 de Maio. Día das Letras Galegas.

O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.

2015-05-06 Saída a Correos.O noso agradecemento a Manolo.

O día 6 de Maio os nenos do 1ºCiclo visitamos Correos. Primeiro mercamos os selos, así aprendimos que cada un custa 42 céntimos de euro.Logo camiñamos ata o buzón, e alí Manolo abriuno e puidemos ver coma era por dentro.A continuación paseamos ata a Oficina de Reparto, onde entendimos coma se distribuían as cartas nos seus casilleiros, por rúas...cos seus números e todo.O carro do carteiro ía cheo de "atados" que son as cartas dunha rúa suxeitas todas cunha goma.A moto gustounos moito e as chuches as que nos invitaron tamén.Por último, regaláronnos un comic sobre Correos que limos e comentamos á volta, xa na clase.Pasamos unha mañá estupenda, os de 2ºenviando as nosas postais aos pais e os de 1º repasando o rueiro de Sada, ese que tan ben coñecen polo proxecto que están a traballar "Camiñando pola rúa".Dende aquí dar as gracias a Manolo pola súa paciencia, amabilidade e cariño que mostrou hacia os nosos rapaces.Saúdos de Lydia e Luisa. Fotografía: Lydia.