PÁGINAS.

Seguindo co resumo...

Xa celebramos algúns cumpleanos... mirade
 






Parabéns a todos!!

Remata o 2015

Case remata o ano e este pobre blog leva inactivo toooodo un trimestre. Ben, pois non pode ser!
Mirade un  resumo do que foron estes meses.

Para empezar unha nova moi feliz: VOLVEU VALENTÍN!!!

Este curso por fin celebramos todos o seu "cumple" no cole.

Pero non foi a única novidade. Démoslle a benvida a un compañeiro novo no cole.



martes, 23 de junio de 2015

2015-06-18 Ruta Sada Centro.

Aí van as últimas fotos do curso...bicos a todos.

jueves, 18 de junio de 2015

Feliz verán a todos!

El poema "Educar" de Gabriel Celaya

Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca...
Hay que medir, pensar, equilibrar...
y poner todo en marcha.

Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino...
un poco de pirata...
un poco de poeta...
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.

Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera enarbolada.


Gabriel Celaya

Matemáticas Solidarias.

Realizamos unha actividade chamada “Matemáticas solidarias”que consistiu en recaudar 50 céntimos por rapaz cada mes e donalos a unha Protectora de animáis “Apadan”Os rapaces levaron un rexistro dos pagos ,eles cobraban, anotaban e contaban ese cartos.Os 78,58 euros resultantes entregaronse á Protectora.  


martes, 2 de junio de 2015

1º Festival da Escoliña. A.D.M.T.Queiroa (Sada) e A.C. Donaire (A Coruña)

O domingo actuou a nosa compañeira Nelly na Casa da Cultura.Os seus compañeiros e máis ela o fixeron estupendamente.Hai canteira para que a nosa cultura non se perda... Parabens!




jueves, 28 de mayo de 2015

Simetría 1

Hai máis enlaces, arriba,  na páxina de Matemáticas 2º


jueves, 21 de mayo de 2015

2015-05-20 Chegaron os cágados.

Moitas grazas ao pai de Marta por traernos os cágados e tamén ao tío de Sophia por regalarnos a comida.Agora temos que coidalos moito e cando se convirtan en ras devolvelas a súa charca.

17 de Maio. Día das Letras Galegas.

O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.

2015-05-06 Saída a Correos.O noso agradecemento a Manolo.

O día 6 de Maio os nenos do 1ºCiclo visitamos Correos. Primeiro mercamos os selos, así aprendimos que cada un custa 42 céntimos de euro.Logo camiñamos ata o buzón, e alí Manolo abriuno e puidemos ver coma era por dentro.A continuación paseamos ata a Oficina de Reparto, onde entendimos coma se distribuían as cartas nos seus casilleiros, por rúas...cos seus números e todo.O carro do carteiro ía cheo de "atados" que son as cartas dunha rúa suxeitas todas cunha goma.A moto gustounos moito e as chuches as que nos invitaron tamén.Por último, regaláronnos un comic sobre Correos que limos e comentamos á volta, xa na clase.Pasamos unha mañá estupenda, os de 2ºenviando as nosas postais aos pais e os de 1º repasando o rueiro de Sada, ese que tan ben coñecen polo proxecto que están a traballar "Camiñando pola rúa".Dende aquí dar as gracias a Manolo pola súa paciencia, amabilidade e cariño que mostrou hacia os nosos rapaces.Saúdos de Lydia e Luisa. Fotografía: Lydia.

2015-04-28 Padriños lectores.

Con motivo do Día do libro fixemos esta actividade no patio.

jueves, 23 de abril de 2015

Un regalo para todos os que amen os libros.

Feliz "Día do libro"...xa sabedes que ler axuda a medrar...Bicos de Luisa.


Unha fermosa pandeireta.

Nelly trouxo a clase a súa pandeireta e cantou varias cancións.Grazas Nelly, cando sexas famosa queremos todos/as que nos invites aos teus concertos.

Cumple de Paula.2015-02-27 Parabens!

Pido desculpas a Paula porque aínda que estaba lista a entrada no Blogue non saiu publicada.

viernes, 27 de febrero de 2015

Onte, xoves, iniciou a sús andaina a nosa MOCHILA VIAXEIRA.

No seu interior viaxa "O Libro viaxeiro". Vai só cunha páxina escrita . Espero que ao final do curso poidamos ter vinte e tres historias máis...Podedes contar algo real, imaxinario, poético, gracioso...podedes escribir unha parte os pais/ irmáns/ avós e outra os rapaces, consiste en escribir unha historia que será lida en canto chegue á clase. 
Alguén tiña que comezar , fixemos un sorteo e tocoulle a Mateo.
Moitas grazas a todos por colaborar. Luisa.

lunes, 2 de febrero de 2015

2015- 01-30 Día da Paz. 30 de Xaneiro.

Parabens rapaces polas fermosas frases sobre a Paz feitas no Taller de escritura e tamén polas pombas que pintamos cos lapis acuarelables...Outro día publicaremos o conto sobre Malala...

jueves, 8 de enero de 2015

Hemos vuelto al Cole...

¡Feliz Año Nuevo a todos! y ¡A disfrutar de las nuevas aulas!