martes, 11 de diciembre de 2012

Tres grandes bailarinas...na nosa clase...





O mércores día 5 de Decembro tivo lugar no Ágora da Coruña a actuación das alumnas de Ballet da Sociedade de Sada. Alí estaban tres alumnas da nosa clase Carmen C., Alba S. e Daniela. O fixeron xenial!!! Parabens as tres e a todos os que participaron. Eu paseino moi ben. Bicos para as tres e outro para Gloria C.Luisa.

jueves, 29 de noviembre de 2012

3.096 dosis orais da vacina contra a polio...Grazas!

Grazas a todos os que colaborachedes no Partido de Fútbol para UNICEF. Se picades na foto veredes a carta de agradecemento de Unicef. Gracias aos 418 € recadados no partido solidario organizado polo noso colexio o pasado 24 de novembro, UNICEF pode subministrar 3096 dosis orais da vacina contra a polio. Con elas pódese inmunizar a 1.032 nenos contra esa enfermidade.

martes, 23 de octubre de 2012

martes, 9 de octubre de 2012

viernes, 14 de septiembre de 2012

Novo Blogue de Educación Física.

Na columna da dereita tedes un apartado que se chama Mi lista de Blogs , se buscades nesa lista veredes o novo Blogue de Educación Física que se chama "Entre todos e entre todas".Lembrade que tedes que firmar o compromiso...

Novo curso...Nova imaxe...

Como estamos a punto de entrar no Outono,elexín este fondo.Espero que sexa do voso agrado.

jueves, 26 de julio de 2012

viernes, 29 de junio de 2012

VACACIÓNSSSSSSSSSSSSSS!!!!! por Luisa.

Xa levades unha semaniña de descanso, espero que xa estedes disfrutando do verán...eu aínda non estou de vacacións...empezo o luns...seguirei por aquí, no Blogue, e subindo as fotos no G+, eso sí, a modiño...Xa me dixeron que algúns estivechedes na Biblioteca...alégrome un montón...Eu tamén xa empecei a ler, o meu libro titulase "Las horas distantes" de Kate Morton.
Ah! Tedes uns comentarios moi chulos nas últimas entradas, se picades onde di  "1comentario", os podedes ler.
Bicos e ¡Feliz verán!Luisa.

jueves, 21 de junio de 2012

Ruta a pé polo Porto de Sada e Fontán.

Moitas grazas aos papás José Manuel Souto e José Miguel Mahía, a Andrés Boutureira(Patrón Mayor da Cofradía de Pescadores) e a Viveros Air Mar.Tamén queremos darlle as grazas á profe Oliva que nos acompañou...

A mirada de primeiro...

lunes, 4 de junio de 2012

Por fin...AMPLIACIÓN SÍ...Grazas a todos os que loitachedes...

Para ver a noticia:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/06/03/educacion-ampliara-sada-contornos-expropie-parcela-anexa/614750.html

jueves, 24 de mayo de 2012

Pasou o Día das Letras Galegas...

E o noso Blogue estaba pechado...pero non estaban  pechadas as nosas linguas nin as nosas actividades e decidimos recitar este poema que Valentín Paz-Andrade lle adicou ao seu amigo Castelao...O poema titulase "Cando ti volvas" e tamén o veredes no xornal pois  fixemos unha publicación con el.
Este é un video de proba, intentaremos melloralo...aínda que,¡Xa o fan moi ben!
¡Ánimo rapaces!

Reanudo as publicacións no Blogue...

Regresou o noso conserxe,o Concello non nos solucionou nada...absolutamente nada... ao contrario o complicou todo ...só os Pais e Nais   colaboraron con nós, nos axudaron e eu quero transmitirlle a todos o meu agradecemento...Moitas grazas.Unha aperta.Luisa.

jueves, 3 de mayo de 2012

Estimados pais e nais dos meus alumnos, levamos máis dun mes sen conserxe...

Non só temos que abrir cando chaman...facemos as fotocopias, montamos os portátiles e os desmontamos,limpamos os iogures cando caen no recreo,desinfectamos cando hai que desinfectar,repartimos circulares, facemos manzanillas e ademáis limpamos algunha que outra vomitona...
E sabedes unha cousa, non se me caen os anillos por facer todo isto ...pero, mentres o fago, os rapaces non están atendidos como debería ser...
Eu amo a miña profesión, xa son 32 anos de ver pasando rapaciños ...pero o que está a pasar neste Concello descoloca ata o máis optimista...non lles importa en absoluto a educación pública...así que tomo a decisión de pechar os Blogues que xestiono eu, este dos rapaces e o Blogue da Biblioteca...sintoo polos rapaces pero sinto que debo loitar ...apoio totalmente a iniciativa dos pais-voluntarios como conserxes e deciros que a considero unha protesta en positivo, neste caso non podo colaborar porque evidentemente non podo estar nos dous lados, pero sí podo pedir a vosa colaboración...por eles, polos meniños na xanela...polos vosos fillos.
Co meu agradecemento.Un saúdo.Luisa.
Noticia no Ideal gallego.

Noticia na Voz de Galicia

Video en V



miércoles, 18 de abril de 2012

martes, 17 de abril de 2012

domingo, 15 de abril de 2012

O doce mundo do mel de Galicia.

O venres tivemos unha charla na nosa aula sobre o mel, as abellas e as colmeas.Gustounos moito.Grazas a Beatriz e a Mel de Galicia.

viernes, 24 de febrero de 2012

24 de Febreiro "Día de Rosalía de Castro"

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento,  unha lectura simultánea de textos de Rosalía de Castro en oito vilas e cidades galegas para pedir o recoñecemento oficial da obra da poetisa  e a súa transmisión didáctica ás novas xeracións. Solicitarase tamén que o Día de Rosalía pase a formar parte do calendario escolar, para que con ese motivo todos os centros escolares promovan actividades didácticas que actualicen e dean difusión ao seu pensamento.

Unha das súas poesías máis coñecidas  "Adiós ríos, adiós fontes",pica aquí e poderas ler  e escoitar este poema.

A Vaca Connie

viernes, 17 de febrero de 2012

¡¡¡¡Cambio de imagen!!!!!!

Ola rapaces, despois deste divertido venres de Entroido...cambio de imaxen no Blogue.¿Que vos parece?Votade na parte de abaixo da entrada...onde di ...divertido, interesante ou guay...Grazas.

lunes, 13 de febrero de 2012

viernes, 10 de febrero de 2012

La gallina Turuleta

Yo conozco una vecina,
que ha comprado una gallina,
que parece una sardina enlatada.
Tiene las patas de alambre,
porque pasa mucha hambre,
y la pobre está todita desplumada.
Pone huevos en la sala,
y también la cocina,
pero nunca los pone en el corral.
La gallina, turuleta,
es un caso singular,
la gallina, turuleta,
está loca de verdad.
La gallina turuleta,
ha puesto un huevo,
ha puesto dos,
ha puesto tres.
La gallina turuleta,
ha puesto cuatro,
ha puesto cinco,
ha puesto seis.
La gallina turuleta,
ha puesto siete,
ha puesto ocho,
ha puesto nueve.
¿Dónde está esa gallinita?
Déjala, la pobrecita,
déjala que ponga diez.

lunes, 9 de enero de 2012

Galicia de loito...Morre Isaac Díaz Pardo

Estimadas familias:
Comezamos o novo ano cunha triste noticia, a morte de D.Isaac Díaz Pardo.

Galicia despide hoxe a Díaz Pardo, un xigante da cultura

05.01.2012  Falece en A Coruña ós 91 anos o intelectual e galeguista // Estivo en contacto cos personaxes máis importantes da cultura e a política galega // Artista polifacético, foi, entre outras actividades, pintor, ensaista, ceramista e empresario // Obtivo numerosas distincións e recoñecementos, entre eles o Gallego del Año de 1992, que entrega o Grupo Correo Gallego