jueves, 3 de mayo de 2012

Estimados pais e nais dos meus alumnos, levamos máis dun mes sen conserxe...

Non só temos que abrir cando chaman...facemos as fotocopias, montamos os portátiles e os desmontamos,limpamos os iogures cando caen no recreo,desinfectamos cando hai que desinfectar,repartimos circulares, facemos manzanillas e ademáis limpamos algunha que outra vomitona...
E sabedes unha cousa, non se me caen os anillos por facer todo isto ...pero, mentres o fago, os rapaces non están atendidos como debería ser...
Eu amo a miña profesión, xa son 32 anos de ver pasando rapaciños ...pero o que está a pasar neste Concello descoloca ata o máis optimista...non lles importa en absoluto a educación pública...así que tomo a decisión de pechar os Blogues que xestiono eu, este dos rapaces e o Blogue da Biblioteca...sintoo polos rapaces pero sinto que debo loitar ...apoio totalmente a iniciativa dos pais-voluntarios como conserxes e deciros que a considero unha protesta en positivo, neste caso non podo colaborar porque evidentemente non podo estar nos dous lados, pero sí podo pedir a vosa colaboración...por eles, polos meniños na xanela...polos vosos fillos.
Co meu agradecemento.Un saúdo.Luisa.
Noticia no Ideal gallego.

Noticia na Voz de Galicia

Video en V



No hay comentarios:

Publicar un comentario