jueves, 24 de mayo de 2012

Pasou o Día das Letras Galegas...

E o noso Blogue estaba pechado...pero non estaban  pechadas as nosas linguas nin as nosas actividades e decidimos recitar este poema que Valentín Paz-Andrade lle adicou ao seu amigo Castelao...O poema titulase "Cando ti volvas" e tamén o veredes no xornal pois  fixemos unha publicación con el.
Este é un video de proba, intentaremos melloralo...aínda que,¡Xa o fan moi ben!
¡Ánimo rapaces!

Reanudo as publicacións no Blogue...

Regresou o noso conserxe,o Concello non nos solucionou nada...absolutamente nada... ao contrario o complicou todo ...só os Pais e Nais   colaboraron con nós, nos axudaron e eu quero transmitirlle a todos o meu agradecemento...Moitas grazas.Unha aperta.Luisa.

jueves, 3 de mayo de 2012

Estimados pais e nais dos meus alumnos, levamos máis dun mes sen conserxe...

Non só temos que abrir cando chaman...facemos as fotocopias, montamos os portátiles e os desmontamos,limpamos os iogures cando caen no recreo,desinfectamos cando hai que desinfectar,repartimos circulares, facemos manzanillas e ademáis limpamos algunha que outra vomitona...
E sabedes unha cousa, non se me caen os anillos por facer todo isto ...pero, mentres o fago, os rapaces non están atendidos como debería ser...
Eu amo a miña profesión, xa son 32 anos de ver pasando rapaciños ...pero o que está a pasar neste Concello descoloca ata o máis optimista...non lles importa en absoluto a educación pública...así que tomo a decisión de pechar os Blogues que xestiono eu, este dos rapaces e o Blogue da Biblioteca...sintoo polos rapaces pero sinto que debo loitar ...apoio totalmente a iniciativa dos pais-voluntarios como conserxes e deciros que a considero unha protesta en positivo, neste caso non podo colaborar porque evidentemente non podo estar nos dous lados, pero sí podo pedir a vosa colaboración...por eles, polos meniños na xanela...polos vosos fillos.
Co meu agradecemento.Un saúdo.Luisa.
Noticia no Ideal gallego.

Noticia na Voz de Galicia

Video en V