miércoles, 24 de abril de 2013

Recaudación do Mercadillo Solidario de Libros.

Onte para conmemorar o Día do Libro celebramos no noso colexio un rastrillo solidario para recadar fondos para a Fundación Fragas do Mandeo, o resultado foi todo un éxito. Da venda dos libros recollidos no centro recadáronse 318,50 € e dos libros vendidos pola Fundación pola tarde 93,60 €. En total 412,10 €. Co recadado a Fundación adquirirá unha finca para custodia do territorio no entorno do río Mandeo. No momento que se proceda á compra daremos máis información dos detalles.
Tamén publicamos o mural que fixemos con animáis os nenos do 1º Ciclo dentro do Proxecto Voz Natura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario