martes, 4 de marzo de 2014

2014-02-28 Despedida de Fátima.

A verdade é que o día 28 foi un día intenso:celebramos o Entroido, o cumple de Angélika e tamén despedimos a Fátima. Hai persoas que pasan xunto a nós un tempo e deixan pegada, unha de esas persoas é Fátima. Entrou na nosa aula sen que contaramos con ela,veu a sustituir a Rosa (que estivo enferma) e como tiña as horas de seretaría libres veu a axudar en primeiro. A palabra axudar quedou corta enseguida, nada máis entrar decatouse do que había que facer e así sen ter que pedirlle nada traballou con nós estes dous meses. É unha persoa alegre e moi traballadora, algo que a mín persoalmente alégrame moitísimo...ela está empezando a súa vida como mestra e eu estou xa no ocaso da miña, pero,afortunadamente compartimos a mesma ilusión...Eu botareite moito de menos e os rapaces tamén...Moita sorte Fátima. Apertas de Luisa e os rapaces de 1º.

 "Que jamás un niño se aleje triste de tu lado, que ninguno se sienta humillado, marginado...Todos te exigirán lo mejor.Ninguno se conformará con recibir lo peor." Isabel Agüera, escritora y maestra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario