martes, 17 de marzo de 2015

Partimos dun libro que falaba do león de Correos,escribimos postais ás mamás, mercamos os selos, saímos ata o buzón e a esperar...e chegou Manolo, xefe de reparto de Correos, que ca mesma ilusión ca nos, dispúxose a vir ao Colexio a entregar todas as cartas que ían chegando para os rapaces...porque as nais están contestando, cunhas cartas igual de fermosas e emocionantes cas dos seus fillos. Hoxe tamén tocoume a mín, é unha carta misteriosa que chegou dende Ferrol, a miña terra,polo visto hai por alí uns rapaces que se lembran de mín...Grazas a tódalas nais e pais e a Manolo por compartir con nós momentos de ilusión e de moita emoción.Luisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario